A Xunta engalana 37 tramos do Camiño para dar a benvida aos peregrinos

Tamén se busca facer partícipe aos pobos e cidades galegas da súa pertenza ao camiño de Santiago
Nava Castro en el acto de Betanzos. XUNTA
photo_camera Nava Castro no acto de Betanzos. XUNTA

A Xunta puxo en marcha o proxecto Xacobeo Benvida, que nace co dobre obxectivo de darlle a benvida aos peregrinos así como para animar e sensibilizar ás poboacións dos pobos e cidades galegas dos Roteiros Xacobeos da súa pertenza aos Camiños de Santiago

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou este xoves na presentación desta iniciativa en Betanzos, onde estivo acompañada da alcaldesa, María Barral; do presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás; e de representantes do tecido asociativo relacionado co Camiño Inglés

En concreto, Xacobeo Benvida é un proxecto no que se engalanan tramos dos camiños de Santiago ao seu paso por 37 casos históricos das catro provincias. En total, algo máis de 200 bandeirolas decoradas con motivos xacobeos cos que se quere implicar aos veciños na celebración deste ano Santo. 

Tal e como destacou a directora de Turismo de Galicia, con propostas como esta, a Xunta segue apostando por actuacións diversificadas, que impliquen á poboación local e que permitan achegar a celebración a todo o territorio a través de iniciativas de baixo impacto acordes cos valores do Camiño e que cumpran cos requisitos de seguridade sanitaria actuais que, ademais, permiten lanzar a mensaxe de que "é tempo de camiñar Galicia". 

Esta decoración, coa que se busca facer máis visible a celebración do Ano Santo e do Xacobeo en todo o territorio galego, permanecerá colgada ata o 30 de outubro para lembrar o vínculo destes municipios cos Roteiros Xacobeos. 

Comentarios