A Xunta e a Federación de Caza coordínanse para axilizar batidas de xabarís

Pretenden mitigar os danos que o animal causa sobre explotacións gandeiras e agrícolas
Imagen de archivo de un guardia civil dirigiendo a varios jabalíes que habían irrumpido en una carretera AEP
photo_camera Imaxe de arquivo dun garda civil dirixindo a varios xabarís que irromperan nunha estrada. AEP

A Federación Galega de Caza (FGC) e a Consellería de Medio Ambiente tratan de coordinarse para axilizar o proceso de autorización das batidas extraordinarias de xabarís, debido aos danos que causa esta especie sobre explotacións gandeiras e agrícolas.

Desta colaboración entre entidades informou a Xunta este sábado nun comunicado, no que explicou que ambas as institucións coinciden na "necesidade de axilizar o proceso" de organización de batidas fóra do período hábil de caza do xabaril.

Tanto a Xunta como o representante do sector cinexético argumentaron que existe unha "problemática derivada da sobreabundacia destes animais salvaxes na comunidade", por iso é necesario "acelerar a tramitación deste tipo de solicitudes".

As posicións da Federación Galega de Caza e da Administración autonómica enmárcanse dentro dun novo acordo que se centrará nas "zonas de Galicia máis afectadas por esta problemática" e que tratará de optimizar "o esforzo da caza", segundo explicou o Goberno da comunidade.

Comentarios