martes. 24.11.2020 |
El tiempo
martes. 24.11.2020
El tiempo

A Xunta de Galicia amplía de tres a seis meses a vixencia da 'tarjeta básica'

f3382480
f3382480
Desde a súa aprobación en xullo beneficiáronse 7.000 familias

A Xunta ampliará por tres meses máis a vixencia da 'tarjeta básica', unha iniciativa posta en marcha pola Administración autonómica para axudar a familias vulnerables na adquisición de produtos básicos.

Así o anunciou o presidente do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, na visita á entidade Ecos do Sur, na Coruña, na que apelou á colaboración entre as institucións públicas e privadas no actual contexto de pandemia.

Para facer fronte á mesma, incidiu na necesidade de implementar "respostas adecuadas" e dixo que, neste obxectivo, traballan as entidades sociais e as administracións públicas. Ademais, remarcou medidas como o plan de contigencia por importe de 60 millóns aprobado pola Xunta.

Entre outras medidas, citou tamén a 'tarjeta básica', que achega entre 450 e 900 euros trimestrais, dependendo do número de persoas que conforman a unidade familiar, a familias vulnerables.

De tres a seis meses

Coa anunciada este luns polo presidente da Xunta, ampliará a súa vixencia por tres meses máis. "Ampliamos de tres a seis meses este cartón extraordinario para garantir que as persoas con dificultades poidan adquirir produtos de alimentación, hixiene e farmacia", dixo nunha visita acompañada pola conselleira de Política Social, Fabiola García.

Por outra banda, recordou que o solicitante da mesma pode facelo a través de Cruz Vermella ou dos servizos sociais do seu concello, recibindo o cartón nun prazo de 72 horas.

Ademais, subliñou que trata dunha "axuda urxente e case inmediata" que busca, segundo expuxo, facilitar o traballo dos servizos sociais municipais e que non "estigmatiza" ao seu beneficiario. "É  cartón anónimo", recalcou sobre unha medida da que se beneficiaron desde o mes de xullo unhas 7.000 familias.

Pola súa banda, a presidenta de Ecos do Sur, María Lareo, remarcou tamén a importancia do "diálogo" entre as institucións públicas e sociais para afrontar a actual situación, facendo alusión, ademais, á a repercusión da pandemia nos colectivos máis vulnerables.

A Xunta de Galicia amplía de tres a seis meses a vixencia da...
comentarios