A Xunta impulsará a fabricación de produtos contra o coronavirus

As axudas, que se concederán en réxime de concorrencia non competitiva, cubrirán o 75% dos investimentos que realicen as pequenas e medianas empresas
Una técnica del Hula reailza una prueba de detección del coronavirus a un conductor. EP
photo_camera Unha enfermeira do Hula realiza un test. EP

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes a nova liña de axudas dotada con 5 millóns de euros e destinada a impulsar a fabricación en Galicia de produtos que sexan de utilidade na loita contra o Covid-19 e que contribúan a incrementar a prevención tanto a nivel sanitario como en materia de seguridade e saúde laboral. 

Deste xeito, a partir do mércores, día 27 de maio, as pequenas e medianas empresas poderán solicitar os apoios que ofrece para pór en marcha a produción de medicamentos, tratamentos, test de diagnóstico, equipos hospitalarios e médicos, entre outros bens. 

Coas achegas, que poderán alcanzar ata 800.000 euros por iniciativa, os proxectos deberán ter un custo subvencionable igual ou superior a 100.000 euros. As axudas, que se concederán en réxime de concorrencia non competitiva, cubrirán o 75% dos investimentos que realicen as pequenas e medianas empresas para a fabricación de materiais. 

En concreto, poderanse realizar medicamentos -incluídas vacúas- e tratamentos contra o Covid-19, produtos intermedios, ingredientes farmacéuticos activos e materias primas necesarias para a súa elaboración; produtos sanitarios, equipos hospitalarios e médicos -incluídos respiradores, roupa e equipos de protección e ferramentas de diagnósticos-, e as materias primas necesarias; desinfectantes; e ferramentas de recollida e/ou tratamento de datos. 

O Comité de fabricación de equipamento sanitario impulsado pola Xunta validou xa os primeiros 14 proxectos

A Xunta detallou que o programa se activa logo de realizar unha consulta previa ao tecido produtivo precisamente para coñecer a dispoñibilidade das pemes galegas a acometer a fabricación de produtos que sirvan para previr e combater o Covid-19. 

En total foron 28 as propostas presentadas que contribuíron á finalización do deseño das axudas, recollendo as achegas sobre os proxectos que se poderían acometer para a fabricación deste tipo de produtos e as suxestións sobre as características da nova liña. 

A Xunta suma 7,5 millóns de euros en axudas neste ámbito, xa que esta iniciativa engádese á convocatoria xa aberta para impulsar a reorganización produtiva das empresas para facer fronte á urxencia sanitaria, dotada con 2.5 millóns de euros. 

O Comité de fabricación de equipamento sanitario impulsado pola Xunta validou xa os primeiros 14 proxectos, que van mobilizar máis dun millón de euros na reestruturación dos seus produtos produtivos para fabricar medios de protección fronte ao Covid-19. A Administración autonómica achega ao redor do 70% do investimento, case 750.000 euros. 

Comentarios