martes. 13.04.2021 |
El tiempo
martes. 13.04.2021
El tiempo

A Xunta realiza unha "avaliación constante" na residencia de Barbadás

Residencia de mayores de Barbadás. DOMUSVI.ES
Residencia de maiores de Barbadás. DOMUSVI.ES
Contaxiáronse 57 usuarios e 10 traballadores do centro 

A Consellería de Política Social e a de Sanidade realizan unha "avaliación continua" do estado de saúde dos usuarios da residencia de Barbadás, onde desprazaron un especialista na xestión de residencias para avaliar a situación. 

Segundo precisaron a Europa Press fontes de Política Social, tras descubrir o brote de covid-19 --que afecta a máis de 60 persoas, 57 delas usuarios-- deuse traslado ao centro a un especialista en xestión de residencias e cubríronse as baixas do persoal ocasionadas polos contagios. 

Así, a situación da residencia está "permanentemente monitorizada por parte das autoridades sanitarias", que controlan o estado dos usuarios contaxiados. 

Sobre este mesmo brote falou este luns o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na súa rolda de prensa tras a Conferencia de Presidentes, na que confirmou que os afectados "están asintomáticos". 

A preguntas dos medios, Feijóo explicou que en canto se tivo coñecemento dos positivos enviouse "inmediatamente un técnico de servizos sociais para avaliar a situación", tras o cal desprazouse persoal que "debe tomar as decisións para cumprir o protocolo" elaborado polo comité clínico de Sanidade. 

Sobre se se contratará máis persoal para a residencia, o presidente respondeu que o número o determinará "loxicamente" o inspector que acudiu ao centro. 

Ao fío diso, Feijóo remarcou a "importancia" dos cribados realizados cada 15 días aos profesionais dos xeriátricos e aos usuarios --un universo total dunhas 37.000 persoas-- para determinar "cales desas persoas" poden estar infectadas de coronavirus. 

Así, subliñou que, no caso de que teñan síntomas, actívase "o protocolo" ben de PCR ou ben dunha visita médico-asistencial. En Barbadás están contaxiados 57 usuarios dun total de 116, e 10 traballadores. 

A Xunta realiza unha "avaliación constante" na residencia de Barbadás
comentarios