miércoles. 03.03.2021 |
El tiempo
miércoles. 03.03.2021
El tiempo

A Xunta reforza a aposta polo enoturismo como "experiencia segura"

Alfonso Rueda, en la presentación de la campaña. EFE (1)
Alfonso Rueda, na presentación da campaña. EFE
A campaña Reencontros cos cinco sentidos fomentará a desestacionalización na comunidade e contará cunha plataforma de comercialización

Relanzar e apostar polas Rutas do Viño como elemento diferenciador e desestacionalizador do turismo en Galicia e como experiencia "segura, distinta e chea de emocións" de face a este outono son algunhas das claves coas que nace a campaña Reencontros cos cinco sentidos que, acompañada dunha plataforma de comercialización, fomentará o enoturismo como elemento de valor na comunidade. 

Así o dixo este luns o presidente do Consello Regulador do Ribeiro, Juan Casares, en representación das rutas galegas dos viños, no acto de presentación desta nova campaña e esta plataforma online de reservas, o "proxecto máis ambicioso dos que se desenvolveron en materia de enoturismo en Galicia". 

A iniciativa, apuntou, promociona o sector do viño desde o ámbito turístico como "un mundo de posibilidades e sensacións" e, en consonancia coa situación actual, promove unha experiencia "segura, distinta, tranquila e chea de emocións", que se pode vivir "cos cinco sentidos". 

Na mesma liña, a directora de Turismo de Galicia, Nava, destacou a "riqueza única" que supón para Galicia o sector vitivinícola, como "elemento vertebrador do territorio", de fixación "da poboación" e de creación de riqueza. Desde o punto de vista turístico, explicou, trátase dunha actividade "desestacionalizadora", xa que é no outono cando se dan "os mellores momentos para descubrir as paisaxes de Galicia" vinculados ao viño. 

Nava Castro destacou a "riqueza única" que supón para Galicia o sector vitivinícola

Ademais dunha campaña promocional, a Xunta, en colaboración coas Rutas do Viño, avanza na comercialización do enoturismo a través dunha plataforma que permite reservar e planificar experiencias neste ámbito, eliminando o uso de papel e facendo todo o proceso "sinxelo e seguro".

UN SECTOR "EXCEPCIONAL". Durante a súa intervención no acto, o conselleiro de Medio Rural, José González, puxo en valor as "características diferenciadoras" do sector do viño en Galicia, cuxa calidade cualificou de "excepcional". 

O viño, dixo o conselleiro, é "o principal elemento dinamizador das súas áreas de influencia" e debe ser "elemento fundamental" no desenvolvemento destas comarcas, ademais de para "facer gozar" a propios e alleos.

O encargado de pechar o acto foi o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, que volveu a incidir nos beneficios do enoturismo para o sector galego, sobre todo no ámbito da desestacionalización. "Hai que ter cousas boas que ofrecer para que a xente entenda que vale a pena vir a Galicia todo o", dixo. 

Tras unha pandemia que "fixo a todos abrir os ollos", explicou Rueda, "o que antes era necesario, agora é imprescindible". "Hai que darlle á xente motivos para seguir viaxando", engadiu. 

Rueda cre que "hai que darlle á xente motivos para seguir viaxando"

Dentro deste turismo post Covid-19, Alfonso Rueda puxo en valor este tipo de viaxes, en "espazos abertos", en contacto "coa natureza" e que proporcionan "experiencias novas" en sitios "non masificados". "Iso que hai moito tempo que nós ofrecemos, pero agora é o momento de pisar o acelerador", destacou. 

"Cando todo isto pase, a xente terá moitísimas ganas de viaxar acumuladas, de ir a moitos lugares que non está a poder ir, pero buscando valores aos que antes non lles dabamos tanta importancia", dixo o vicepresidente, que fixo fincapé na importancia de situar a Galicia neste ámbito. 

A Xunta reforza a aposta polo enoturismo como "experiencia segura"
comentarios