A Xunta sopesa esixir na matrícula das garderías ter as vacinas "ao día"

Política Social podería incluír esta medida antivacinas xa para o próximo curso

Vacuna contra el sarampión. EFE
photo_camera Vacuna contra el sarampión. EFE

A Consellería de Política Social está a valorar a posibilidade de incluír como requisito de matrícula na próxima resolución de acceso á súa rede de garderías A Galiña Azul a esixencia de que os nenos teñan as vacinas "ao día" para obter unha praza. 

Así o confirmaron a Europa Press fontes de Política Social, que explicaron que esta esixencia é unha posibilidade que se está analizando e que podería estar na resolución de matrícula para o próximo curso, que sairá publicada a mediados do mes de marzo. 

A resolución sobre as matrículas para o próximo curso publicarase en marzo

A idea é colaborar na "concienciación" dos pais sobre a importancia da vacinación dos nenos, non só para protexer a súa propia saúde, se non en favor tamén da saúde "dos fillos dos demais", a través da protección de grupo. 

Política Social recordou que as taxas de vacinación entre os nenos galegos son xa moi altas e, de feito, Galicia é unha comunidade "modélica" neste ámbito. No entanto, e dada a implicación da Consellería de Sanidade na concienciación dos pais neste parámetro e contra o chamado movemento antivacinas, o departamento que xestiona a rede de escolas infantís considera necesario que constitúa unha liña de actuación da Xunta no seu conxunto.

Podería estar xa en marcha o próximo curso
Se se optase finalmente por esta esixencia, aínda en estudo, a intención de Política Social sería incorporala á propia resolución de matrícula para o próximo curso, que se publicará a mediados do mes de marzo. 

A proposta fai referencia ao calendario vacunal oficial, que se esixiría que os nenos tivesen "ao día" , aínda que de forma flexible no caso de que exista algún atraso na aplicación dalgunha vacina por motivos xustificados. 

O calendario vacunal oficial en España está recomendado para todos os nenos, aínda que non é obrigatorio. No entanto, en casos de centros privados, algúns xa aplicaron noutros puntos de España esixencias de vacinación avaladas polos tribunais. 

Do mesmo xeito, en España existen outras comunidades, como Castela e León, que piden a presentación da cartilla á hora de facer a solicitude. No caso de Galicia, esta esixencia abarcaría inicialmente só aos centros da rede pública da Galiña Azul. 
 

Comentarios