jueves. 13.05.2021 |
El tiempo
jueves. 13.05.2021
El tiempo

A Xunta traballa na reprogramación do Xacobeo pola situación sanitaria

Edificio iluminado por la iniciativa Acende o Xacobeo. EP
Edificio iluminado pola iniciativa Acende o Xacobeo. EP
Lamenta que a pandemia impide unha programación "estable" ►Os actos serán de formato "pequeno" no primeiro semestre, coa previsión do horizonte internacional a partir de 2022 

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, informou de que a Xunta traballa nunha reformulación bienal da programación do Xacobeo tras a prórroga do Ano Santo concedida polo papa Francisco para a súa ampliación a 2022. En resposta a unha pregunta do PSdeG na comisión de Turismo, Nava Castro dixo ser "consciente" de que a evolución da pandemia non permite unha programación "estable", polo que vai ser adaptable" de forma "continua" en función das restricións. Unha cuestión que obriga a que os grandes actos deben "posporse". 

Explica que se esperaba presentar a programación entre finais de xaneiro e comezos de febreiro, pero a "negativa" evolución da covid impídeo. E é que as medidas de mobilidade "dificultan calquera programación cun mínimo de estabilidade", polo que se debe seguir o "sentidiño". "Témonos que adaptar ao que temos", deixa claro.

HORIZONTE INTERNACIONAL EN 2022. De tal forma, os primeiros meses de 2021 serán con actos en Galicia de formato "pequeno", mentres será a partir da celebración de Fitur (finais de maio) cando se aposte por unha intervención a nivel estatal. Prevé que no segundo semestre deste ano poida contarse tamén con Portugal. E o horizonte de ámbito internacional non se espera ata 2022. 

Tras destacar o "impresionante esforzo" do sector turístico para saír adiante, Nava defendeu a "multitude de medidas" postas en marcha pola Xunta para a súa reactivación. Aquí, puxo en valor a partida de case 86 millóns nos orzamentos deste ano da Xunta para o Xacobeo, o que contrapón cos "cero euros" nos Orzamentos Xerais do Estado

Ademais, apóstase pola promoción de Galicia como un destino seguro, ao que se suma o 'seguro coronavirus' que se porá en marcha.

CRÍTICAS DO PSDEG. Na súa toma da palabra, a deputada socialista Leticia Gallego lamentou que se segue sen saber en que vai consistir a reformulación do Xacobeo", "nin que se vai facer en Galicia co Xacobeo". 

"Quedo como estou", dixo sobre a intervención de Nava Castro. "Non nos dixo nada sobre a programación", reprocha. De feito, avisa de que isto lle leva a pensar que non existe" ningunha previsión de actos, o que lle parece "gravísimo". 

"Estamos xa coa celebración e aínda non sabemos en que consiste esa programación", quéixase Gallego, que avisa dos "máis de 100.000 empregos en perigo" no sector turístico. 

A Xunta traballa na reprogramación do Xacobeo pola situación sanitaria
comentarios