Lunes. 24.06.2019 |
El tiempo
Lunes. 24.06.2019
El tiempo

Xuntos Actúa pide á Fiscalía a ilegalización de Vox

Sostén que un partido que propugna a expulsión de 52.000 inmigrantes "sen maior argumento que o de ser estranxeiros non ten cabida nun país democrático

A organización política Xuntos Actúa remitiu unha solicitude á Fiscalía Xeral do Estado para que proceda á ilegalización de Vox pola "súa reiterada postura xenófoba, homófoba e machista".

No seu escrito, Xuntos Actúa alude á Lei de partidos políticos e ao impedimento que establece a que ningunha formación atenche contra o réxime democrático, xustifique o racismo e a xenofobia ou apoie politicamente a violencia e as actividades de bandas terroristas.

Sostén que un partido que propugna a expulsión de 52.000 inmigrantes "sen maior argumento que o de ser estranxeiros non ten cabida nun país democrático que debe cumprir os tratados internacionais".

Refírese tamén á pretensión de liquidar "" a lexislación que protexe ás mulleres do "terrorismo machista" e de eliminar "as autonomías".

Xuntos Actúa aprecia "sobrados motivos" para que a Fiscalía proceda a iniciar os trámites para a ilegalización de Vox, como no seu día se fixo con Batasuna. 

Xuntos Actúa pide á Fiscalía a ilegalización de Vox
Comentarios