Yosi de Los Suaves será comendador da Feira do Cocido de Lalín

Únese a Martínez-Almeida, Benedicta Sánchez, Gregorio Varela e Sonsoles Ónega, os outros confirmados que serán investidos o domingo
Yosi, cantante de Los Suaves, durante a actuación do grupo en Caldas, celebrada no ano 2015. ADP
photo_camera Yosi, cantante de Los Suaves, durante unha actuación en Caldas. ARQUIVO

O líder de Los Suaves, José Manuel Domínguez Álvarez, máis coñecido como Yosi, será comendador da LII Feira do Cocido xunto co alcalde de Madrid, José Luís Martínez-Almeida, e a gañadora do Goya á Actriz Revelación, Bendicta Sánchez 

Segundo informa o Concello de Lalín este luns, Yosi convértese no quinto comendador confirmado para a Feira do Cocido xunto co mandatario popular, a actriz lucense, o catedrátrico de Nutrición Gregorio Varela e a xornalista Sonsoles Ónega, quen será a encargada de dar o pregón das festas. 

O músico ourensán liderou durante décadas a lendaria banda de rock Los Suaves, que compartiu escenario con artistas como The Ramones ou The Rolling Stones, entre outros. "Yosi é unha lenda do rock nacional, polo que será unha honra telo como Comendador do Cocido", destacou o rexedor lalinense, José Crespo. 

Comentarios