Arthur Melo dá positivo nun control de alcoholemia tras sufrir un accidente leve

O futbolista chocou o Ferrari que conducía contra un farol
Arthur Melo, semana atrás, á súa chegada á cidade deportiva Joan Gamper. ALEJANDRO GARCÍA/EFE
photo_camera Arthur Melo, semana atrás, á súa chegada á cidade deportiva Joan Gamper. ALEJANDRO GARCÍA/EFE

O centrocampista brasileiro Arthur Melo, traspasado este verán polo FC Barcelona ao Juventus de Turín, foi denunciado penalmente esta madrugada pola Policía Local de Palafrugell (Xirona) despois de dar positivo nun control de alcoholemia ao que foi sometido tras sufrir un accidente leve

Segundo confirmaron a Efe fontes municipais, o futbolista, que conducía un Ferrari, deu un resultado de 0'55 miligramos por litro de aire expirado. Segundo a normativa de Tráfico, aínda que o positivo penal nun control de alcoholemia convencional se sitúa en 0'60 mg/l, nos casos nos que o vehículo se ve implicado nun accidente, por leve que sexa, o positivo penal empeza a partir do 0'40 mg/l. 

O accidente ocorreu sobre as catro da madrugada na rúa do Suro de Palafrugell, cerca do polígono industrial da localidade, e todo apunta que tocaría coa beirarrúa, subiuse nela e acabaría chocando contra un farol. 

Os ocupantes do vehículo non resultaron feridos nin o vehículo sufriu danos importantes, polo que despois de que o xogador brasileiro fose sometido ao control de alcoholemia puideron seguir cara ao seu destino porque se puxo ao volante do Ferrari un dos acompañantes do xogador, que o vindeiro luns terá que incorporarse aos adestramentos do seu novo club, o Juventus.

Comentarios