Julián Contreras e seu pai, desafiuzados

O fillo de Carmina Ordóñez levaba varios meses sen pagar o aluguer

Julián Contreras. AEP
photo_camera Julián Contreras. AEP

Non son bos tempos para Julián Contreras Ordóñez. A pesar de que acaba de fichar como colaborador polo programa Corazón, presentado Anne Igartiburu en TVE, os problemas económicos aínda non se acabaron para el.

Julián Contreras e seu pai recibían este venres, segundo adianta a revista Semana, unha orde de desafiuzamento por falta de pagamento do aluguer durante varios meses.

Uns duros momentos aos que suma a falta de relación cos seus dous irmáns, Fran Rivera e Cayetano Rivera.

Comentarios