Miguel Bosé responde emocionado a los pitufos de Mos

Os pequenos pediron nun vídeo que o artista lles enviase unha mensaxe logo de celebrar o seu festival de fin de curso sobre a figura de Bosé

Miguel Bosé lanza un tenro xesto aos 'pitufos' alumnos de Infantil do colexio de Lar en Mos. Hai apenas uns días, os pequenos celebraban o festival de din de curso do centro tomando como inspiración ao artista Miguel Bosé, sobre o que virou todo o espectáculo. 
Para chegar ata el, os pequenos protagonizaron un vídeo dirixíndose ao artista. "Sabemos que é moi difícil que veñas a vernos, pero faríanos moita ilusión que nos mandases unha mensaxe para animarnos", instaban os alumnos a Bosé. E, efectivamente, houbo resposta. 

 

Bosé non se puido resistir ao talento dos 'pitufos' de Mos e lanzou a súa resposta a través das redes sociais. O artista recoñece terse emocionado ao ver o fantástico traballo dos pequenos. "Lévomo no corazón", sostivo. 

Comentarios