Roi prepara o lanzamento do seu primeiro 'single' en solitario

O cantante non desvelou o título do tema, aínda que concreta que é da súa autoría

Roi, de Operación Triunfo. AEP
photo_camera Roi, de Operación Triunfo. AEP

O compostelán Roi Méndez, exconcursante de Operación Triunfo, última o seu primeiro single en solitario, segundo adiantou a discográfica Universal.

O propio Roi concretou que este tema, que verá a luz o próximo 15 de xuño, será óptimo para encher as pistas de baile e tamén soará algo "electrónico", aínda que contará con instrumentos "reais". Non desvelou o título do mesmo, pero se concretou que se trata dunha composición propia, en colaboración con Paco Salazar, autor de Lo malo, quen tamén se ocupará dos aspectos de produción. 

Comentarios