A operación Cóndor investiga a repartición de sobres de 2.500 euros entre mandos do Exército

O tenente coronel está imputado por revelar a Monbus información dos contratos, mentres que o sarxento era o último eslabón. De Lara sospeita que hai máis membros da cadea de mando que levaban parte dese diñeiro
El teniente coronel detenido se tapa la cara a la salida del juzgado en una furgoneta el domingo
photo_camera El teniente coronel detenido se tapa la cara a la salida del juzgado en una furgoneta el domingo

O xulgado da operación Cóndor investiga a repartición entre a cadea de mando de Exército de sobres de 2.500 euros, que, sospéitase, chegarían periodicamente desde a empresa Monbus para o suposto pago de favores por información privilexiada facilitada para a obtención de contratos de transporte de militares.

Froito destas pescudas, Aduanas detivo a unha muller, que suma o arresto número 11 da operación, unha venezolana que permanece desde o sábado nos calabozos da Policía baixo a acusación de branqueo de capitais. Esta muller é empregada de Monbus e presuntamente exercía de enlace entre a empresa e o Exército.

A decisión de deter o pasado xoves a dous membros do Exército foi tomada pola xuíza De Lara ante a sospeita de irregularidades nos contratos para o transporte de militares. Segundo puido saber este xornal, trataríase dos dous polos da suposta trama, o de máis alto rango e o de menor, é dicir, un tenente coronel e un sarxento. As conversacións telefónicas intervidas recollerían polo menos unha conversación onde o alto mando revela información secreta sobre os concursos, co fin de facilitar a Monbus a adxudicación.


Comentarios