Unha nena de dous anos, ferida leve tras ser atropelada en Lugo

Este luns un mozo tamén foi trasladado ao hospital tras saírse da vía o ciclomotor que conducía na estrada de Friol, á altura de Vilachá de Mera
IES Ánxel Fole
photo_camera IES Ánxel Fole

Unha nena de 22 meses resultou ferida tras ser golpeada por un coche na Avenida Angelo Colocci de Lugo. O suceso rexistrouse sobre as seis da tarde cando unha condutora saía do IES Ánxel Fole e non se decatou da presenza da pequena.

Tras ser avisadas as urxencias médicas e a Policía Local, a nena foi trasladada ao hospital, aínda que segundo fontes policiais as feridas non revestían gravidade. A condutora, posteriormente, prestou declaración na sede da Policía Local.

Pouco despois, ás 18.50 horas, un ciclomotor de saíuse da vía na estrada de Friol, á altura de Vilachá de Mera. O vehículo chocou contra unha bionda e o mozo que o conducía resultou ferido, en principio leve, aínda que foi trasladado en ambulancia ao hospital.

Comentarios