O Cupra León xa é unha realidade

A marca española acaba de dar a coñecer a imaxe do primeiro León que vai lucir o logotipo Cupra.
Cupra Leon1
photo_camera Novo Cupra León. EP

O novo Cupra León conta con catro opcións mecánicas, un grupo motopropulsor híbrido enchufable de 245 cabalos, e tres motores de gasolina de 245, 300 e 310 cabalos de potencia.

Entre o alto nivel tecnolóxico presente en todas as versións destaca a nova caixa de cambios DSG con tecnoloxía por cable e un gran equipamento con distintas tecnoloxías de asistencia á condución.

Cupra Leon2

Todas as versións do Cupra León están dispoñibles tanto en versións de cinco portas como o familiar Sportourer. En canto a prestacións, a versión máis potente é capaz de acelerar de 0 a 100 quilómetros por hora en menos de cinco segundos.

Pero ademais de por as súas altas prestacións, o novo modelo ofrece un alto nivel de conectividad e diversos sistemas de seguridade. Por todo iso, a marca confía en que este vehículo se converta en toda unha referencia no seu segmento.

Máis en Motor On
Comentarios