Austria anuncia que se retirará do Pacto Mundial para a Migración

Considera que pode sentar unha base para crear un dereito humano á migración, algo ao que non están dispostos

Kurz y Merkel, en Berlín. KAMIL ZIHNIOGLU
photo_camera Kurz e Merkel, en Berlín. KAMIL ZIHNIOGLU

Austria retirarase do Pacto Mundial para a Migración por considerar que pode sentar unha base para crear un dereito humano á migración, anunciou este mércores o chanceler federal da república alpina, Sebastian Kurz.

"Para nós é importante que Austria non entre nun compromiso de dereito internacional consuetudinario, polo que decidimos que non nos uniremos ao pacto", dixo Kurz, citado pola axencia austríaca APA.

En consecuencia, Austria non estará presente na reunión de Xefes de Estado e de Goberno para adoptar o Pacto Mundial para unha Migración Segura, Ordenada e Regular, acordado en xullo pasado na ONU, convocada para os días 10 e 11 de decembro en Marrocos.

Comentarios