Unha nova polémica envolve ao presidente de Brasil, Jair Bolsonaro. O mandatario brasileiro, enfermo de coronavirus desde o pasado 7 de xullo, foi gravado paseando en moto polos arredores do Palacio da Alvorada de Brasilia. As imaxes mostran, ademais, a un Bolsonaro sen máscara charlando cuns operarios que tampouco contan coas pertinentes medidas de prevención.
Esta non é, con todo, a primeira vez que Bolsonaro incumple a corentena, un feito que indignou á oposición brasileira. "A imaxe da monstruosidade e do desprezo de Bolsonaro pola vida dos brasileiros", escribiu Marcelo Freixo, líder do partido Socialismo e Liberdade.
Brasil é segundo país do mundo máis afectado pola pandemia —por detrás unicamente dos Estados Unidos— con 2,3 millóns de contaxiados e máis de 84.000 falecidos.