No brote do matadoiro alemán actuou un 'supercontaxiador' a 8 metros de radio

Un estudo científico revela que no brote de covid-19 nun matadoiro de Alemaña actuou como factor reprodutor un "supercontaxiador" que facilitou a transmisión do virus
Vista del matadero de Tönnies, en el distrito de Gütersloh. FOCKE STRANGMANN (Efe)
photo_camera Vista do matadoiro de Tönnies, no distrito de Gütersloh. FOCKE STRANGMANN (EFE)
No brote de coronavirus xurdido nun matadoiro de Alemaña revelouse que actuou como factor reprodutor un 'superspreader' ou 'supercontaxiador', que precipitou contaxios a un radio de oito metros de distancia, segundo un estudo científico.

O foco, no que chegaron a verificarse 2.100 contagios, foi un traballador da planta cárnica de Gütersloh (oeste de Alemaña). O factor de reprodución disparouse precipitado pola baixas temperatura das instalacións e o funcionamento do sistema de aire acondicionado, unido ao esforzo físico que realiza o persoal do lugar e a falta de ventilación ou aire fresco natural.

A suma destes factores propiciou que os contaxios da COVID-19 se estendese máis aló do radio considerado regular. As normas de distanciamento físico habituais, que contemplan un mínimo de 1,5 ou ata 3 metros, foron insuficientes.

O brote de Gütersloh, detectado a mediados de xuño, motivou que se pechase temporalmente o matadoiro e ditáranse restricións de mobilidade para os habitantes de dous distritos, cun total de 640.000 afectados.

A reconstrución desde o primeiro contaxio foi realizada por un equipo do Centro de Investigacións de Infeccións de Helmholtz (HZI), a Clínica Universitaria de Hamburgo-Eppendorf e o Instituto de Virología Experimental Leibniz (HPI), segundo un comunicado emitido polo HZI.

O matadoiro en cuestión, 'Tönnies', reabriu hai unha semana, tras instalar novos filtros no sistema de ventilación e mellorar as condicións en que traballa o seu persoal.
Os 2.100 contaxios verificados tras realizarse análises nuns 7.000 afectados correspondían maioritariamente a traballadores da planta ou persoas de contacto con estes. 

O caso desatou as críticas sobre o propietario da empresa, Clemens Tönnies, e sobre as autoridades do 'Land' afectado, Renania do Norte-Westfalia, o estado máis poboado do país, con 18 millóns de habitantes, e cuxo goberno rexional optara por unha desescalada rápida das restricións.

Existían numerosas denuncias previas do ámbito sindical sobre as condicións laborais dos traballadores, persoal externo procedente maioritariamente de Hungría e Romanía, aos que a miúdo se aloxa en naves comúns sen as debidas condicións hixiénicas. 

Comentarios