miércoles. 19.02.2020 |
El tiempo
miércoles. 19.02.2020
El tiempo

O español condenado á morte en Tailandia confesa o asasinato do seu compatriota

Artur Segarra. AEP
Artur Segarra. AEP
Pretende evitar así a súa execución tras ser condenado por acabar coa vida de David Bernat

O español Artur Segarra, condenado á pena de morte polo asasinato en Bangkok do seu compatriota David Bernat, confesou por primeira vez ser o autor do crime nunha carta para pedir clemencia ao Rei de Tailandia e evitar a súa execución.

O convicto, quen mantivo a súa inocencia durante todo o proceso xudicial, admite agora na misiva á que tivo acceso Efe que a noite do 19 de xaneiro de 2016 matou a Bernat ao reaccionar de xeito violento durante unha abrupta pelexa coa vítima.

Segundo a Xustiza, planeou o secuestrou de Bernat con para apropiarse do diñeiro que tiña nunha conta bancaria en Singapura, antes de asasinalo despezar o cadáver e arroxalo ao río que cruza Bangkok

O pasado 20 de novembro o Tribunal Supremo de Tailandia deixou en firme a sentenza e mantivo a pena capital contra o español polo secuestro, roubo e asasinato premeditado do seu compatriota.

Segarra, no documento redactado en tailandés polo seu avogado defensor, Woratham Cheeranon, e con data do 23 de decembro de 2019, evita pronunciarse sobre que sucedeu despois do asasinato de Bernat, a quen asegura coñeceu en Tailandia en 2014 e compartían no país un proxecto de negocio.

O español condenado á morte en Tailandia confesa o asasinato do seu...