Evacuación "inmediata" en Nova Caledonia por risco de tsunami tras un sismo de 7,5

O Servizo de Alertas por Tsunami do Pacífico indicou que con base en todos os datos dispoñible poderían chegar ondas de entre 1 a 3 metros de altura

Nueva Caledonia
photo_camera Imaxe cedida polo Servizo Xeolóxico dos Estados Unidos (USGS), dun USGS Shake Map que mostra a localización do terremoto de magnitude 7.5 que azoutou a costa este de Nova Caledonia.

As autoridades de Nova Caledonia, no Pacífico Sur, ordenaron a "inmediata evacuación" da poboación asentada nas costas tras a alerta de tsunami por mor da sacudida dun terremoto de magnitude 7,5.

O Servizo de Alertas por Tsunami do Pacífico indicou que con base en todos os datos dispoñible agárdanse ondas de entre 1 a 3 metros de altura.

Os evacuados serán trasladados a refuxios mentres estean en vigor das medidas de seguridade para toda a nación, publicaron as redes sociais da Oficina do Alto Comisionado da República de Francia en Nova Caledonia.

As autoridades recomendaron unha serie de medidas como reagruparse en zonas de refuxio con medicamentos auga e outros artigos esenciais ou permanecer informado a través da radio.

En caso de non poder acudir a unha zona de refuxio pide ás persoas afastarse do litoral máis de 300 "metros" ou buscar unha posición elevada de polo menos 12 metros.

O epicentro do sismo de magnitude 7,5 localizouse a 168 quilómetros ao leste de Tadine, na illa de Maré, e a uns 10 quilómetros de profundidade baixo o leito mariño, segundo o Servizo Xeolóxico de Estados Unidos (USGS), que vixía a actividade sísmica mundial.

As ondas "perigosas" de entre 1 e 3 metros tamén poderían golpear as costas de Vanuatu; e afectar a Fiji cunha subida de entre 0,3 e 1 metro.

Máis de 20 países insulares do Pacífico, entre eles Xapón e Australia, tamén poderían rexistrar unha pequena subida das augas.

Comentarios