Falece en Londres un mozo español arroiado por un tren cando realizaba un grafiti 

Era fillo de Carlos Fresneda, correspondente de El Mundo en Reino Unido

O mozo español Alberto Fresneda, de 19 anos de idade, faleceu a madrugada do domingo ao luns xunto a outros dous mozos nas proximidades da estación londiniense de Brixton, todos eles arroiados por un tren mentres pintaban grafiti "nun lugar especialmente perigoso". 

Así o sinalou a súa familia nun comunicado, segundo informa o diario El Mundo. Alberto era fillo do correspondente deste xornal en Reino Unido, Carlos Fresneda. Nacido en Nova York fai 19 anos, o mozo ía estudar deseño gráfico no London College of Communications (LCC) o próximo curso. 

O luns pola mañá a Policía británica informara da morte de tres homes arroiados por un tren en Brixton, pero ata pola tarde non se confirmou a súa identidade. A familia pediu respecto e agradeceu as mostras de apoio recibidas. 

Os tres falecidos –os outros dous mozos eran Jack Gilbert e Harrison Scott-Hood, ambos de 23 anos– foron recordados con flores no lugar e con mensaxes nas redes sociais, coa lenda 'Rest in paint'. 

Comentarios