O 2020 arrinca con ceos pouco anubrados... agás nalgúns vales do interior nos que haberá néboas

Tempo

O 2020 arrancará en Galicia con ceos pouco anubrados nunha xornada de altas presións. A néboa, iso si, fará acto de presenza en zonas de val do interior de Galicia e serán persistentes.

As temperaturas mínimas neste primeiro día do ano descenderán lixeiramente, mentres que as máximas seguirán sen cambios significativos ou con lixeiros ascensos. Os ventos soprarán frouxos de dirección variable durante toda a xornada, segundo informa MeteoGalicia.

Comentarios