25 destilados protagonizan a XI cata das augardentes de Galicia

Un total de 25 marcas de augardentes amparados polo Consello Regulador das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia protagonizaron esta mañá a XI Cata das Augardentes de Galicia no centro de ensino profesional Compostela, de Santiago de Compostela. Promovida pola Consellería de Medio Rural, trátase da cata máis importante do ano xa que se deron cita 25 destilados procedentes de 21 adegas. O panel de cata estivo formado por sete catadores, que realizaron unha cata a cegas na que destacaron o excelente nivel alcanzado por estes destilados, especialmente no que se refire aos seus toques aromáticos e á súa complexidade.

Da precata cega foron seleccionados seis augardentes, de entre os que serán seleccionados os gañadores do Pote de Ouro, Prata e Bronce, cuxos premios serán entregados este próximo venres, a partir das 13.30 horas, nun acto que se desenvolverá no San Francisco Hotel Monumento. Nese momento daranse a coñecer o nome do premiados.

Do mesmo xeito, tamén se procederá a resolver o gañador do VIII edición do Concurso de Deseño e Presentación de Botellas. Esta mañá nas Lamas de Abade puidéronse apreciar os excelentes traballos e os orixinais apostas no formato de presentación destes produtos amparados polo C.R.  Augardentes e Licores de Galicia. Para este concurso presentáronse un total de 11 marcas de aguadientes.

Comentarios