jueves. 28.05.2020 |
El tiempo
jueves. 28.05.2020
El tiempo

Agua de Cuevas 'sae da cova'

Evolución de la imagen corporativa de la empresa (Foto: G.G.)
Evolución de la imagen corporativa de la empresa (Foto: G.G.)

Agua de Cuevas, compañía de auga mineral asturiana propiedade de Hios de Rivera (empresa matriz de Estrela Galicia), renovou todos os seus envases e aposta "por unha imaxe moi atractiva que mantén os elementos diferenciadores da marca, asociados á súa orixe asturiana e á saúde", segundo informa a propia industria nun comunicado.

A nova imaxe aplicarase a todos os formatos da marca: as botellas de pet de 33 centilitros e 50 centilitros, así como a botella de 1,5 litros e as agrupacións de seis unidades.

Este cambio de imaxe é a primeira medida emprendida por Hijos de Rivera desde a adquisición do 80% de Aguas de Cuevas, o pasado mes de decembro. O 20 por cento restante é propiedade de Capsa. O grupo con sede na Coruña sumou así "un novo manancial ao desenvolvemento estratéxico do negocio da auga mineral da compañía, que xa conta no seu haber cunha exitosa traxectoria no mercado da auga mineral da man de Cabreiroá".

Agua de Cuevas, fundada en 1994, factura tres millóns de euros e conta cun persoal de preto de 20 traballadores nas súas instalacións de Felechosa, nas que se explota un manancial da montaña de San Isidro.

Agua de Cuevas 'sae da cova'
comentarios