Air-Bag de pan

Ingredientes

  • 320 gramos de fariña.
  • 190 ml. de leite.
  • 20 gramos de fermento.
  • 5 gramos de sal.

Elaboración
Desleír o fermento en parte do leite, xuntar co resto de ingredientes, amasar e envolver a masa en plástico filme. Deixar na neveira unha hora. Traballar a masa estirándoa para que estea o máis fina posible, cortala en cadrados de 3x3 centímetros cun cortapastas e, con axuda dunha pequena espátula de pasteleiro, dispor as pezas encima dunha bandexa de forno espoldreada con fariña.

A continuación, prequentar o forno a 190º-200º e introducir os panciños de tres a cinco minutos. Co golpe de calor incharanse a modo de coxín oco, e cunha xiringa introduciremos no seu interior o recheo desexado: vinagretas, cremas salgadas, confeituras... Conseguiremos unha textura crocante que ao romper na boca liberará o seu contido. É necesario que a operación se faga de forma rápida para que non se abrande o panciño.

Comentarios