martes. 04.08.2020 |
El tiempo
martes. 04.08.2020
El tiempo

Alerta amarela por tormentas no interior de Galicia

Mapa con la previsión de Meteogalicia
Mapa con la previsión de Meteogalicia
Os termómetros superarán os 30 graos de máxima en cidades como Lugo ou Ourense 

As provincias de Lugo e Ourense estarán este mércores en alerta amarela por risco de tormentas, que deixarán choivas localmente fortes e saraiba, segundo as previsións de Meteogalicia. Segundo a Aemet, espéranse acumulacións de máis de 15 litros por metro cadrado nunha hora.

A xornada comezará con ceos despexados salvo en puntos do litoral nos que as brumas e bancos matinais serán os protagonistas. Esa será a tónica predominante durante a primeira metade dunha xornada na que as altas presións continuarán retirándose cara ao norte, polo que se producirá unha entrada de aire frío en altura e húmido na costa.

A medida que avance a mañá as néboas irán a menos, ata desaparecer pola tarde en moitos puntos; pero a partir do mediodía aumentarán as nubes de evolución no interior, que deixarán chuvascos e tormentas.

En canto ás temperaturas, descenderán moderadamente, pero superarán os 30 graos de máxima en cidades como Lugo ou Ourense. As mínimas nas grandes urbes galegas oscilarán entre os 13 graos da capital lucense, os 15 de Pontevedra e os 16 da Coruña, Ourense ou Ferrol. 

Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte, con intervalos moderados nas Rías Baixas pola tarde.

Alerta amarela por tormentas no interior de Galicia
comentarios