Algunhas nubes e termómetros en ascenso para empezar a semana 

METEOGALICIA
photo_camera METEOGALICIA

A influencia anticiclónica volve a Galicia este luns, de forma transitoria. As nubes matinais iranse desfacendo e darán paso a unha tarde de ceos pouco nubrados en xeral, con nubes de evolución e algún chuvasco en áreas de montaña

As previsións de Meteogalicia apuntan a que as temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. Nas principais cidades, as mínimas moveranse entre os 10 graos de Lugo e os 15 que rexistrarán a maioría, mentres que as máximas alcanzarán os 30 en Ourense e os 28 en Pontevedra.

Temperaturas mínimas e máximas previstas
A Coruña      15°     21°    
Ferrol            12°     23°    
Lugo             10°     25°
Ourense       15°     30°    
Pontevedra  15°     28°    
Santiago      15°     24°
Vigo              15°     27°

 

O vento soprará frouxo de compoñente norte, máis intenso entre a Costa da Morte e as Rías Baixas pola tarde e zonas altas do interior. 

A situación meteorolóxica anúnciase así máis tranquila que a do domingo, unha xornada pasada por auga en boa parte da comunidade.