Alternancia de nubes e claros e posibles néboas costeiras para este xoves en Galicia

METEOGALICIA
photo_camera METEOGALICIA

Despois do paso dunha fronte durante a noite do mércores ao xoves, para este día espérase ceo con alternancia de nubes e claros, con menos nubes na metade este de Galicia. Haberá posibilidade de néboas costeiras no litoral atlántico. 

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará do suroeste, moderado, con intervalos fortes entre Bares e a Costa da Morte. Pola súa banda, as temperaturas experimentarán un lixeiro descenso en xeral. 

Deste xeito, nas cidades galegas as temperaturas máximas subirán até os 27 graos en Ourense, mentres os valores mínimos descenderán até os 12 en Lugo

Comentarios