A ameaza de choiva estará presente este martes en Galicia

As temperaturas experimentarán un ascenso

Novamente durante a xornada do martes estaremos nunha situación entre altas e baixas presións, cunha fronte achegándose lentamente polo Atlántico. Deste xeito, agárdanse ceos con máis nubes canto máis ó oeste de Galicia, con posibles orballos no litoral.

As temperaturas experimentarán un ascenso, máis acusado nas mínimas. Os ventos soprarán de compoñente sur, fortes no litoral atlántico e zonas altas.

meteogalicia

Comentarios