Barón de Gurpegui gran reserva 2006

VinoGurpeguiuntitled.jpg
photo_camera VinoGurpeguiuntitled.jpg

Zona D.O.: Chile. Colleita: 2006. Maridaxe: Lombo veteado á grella sobre cama de patacas asadas e prebe de tomate. Graos: 14% vol. Temperatura de consumo aconsellada: 16-18º

Reparo nunha botella de Barón de Gurpegui Gran Reserva 2006. Resúltame rechamante ver un viño do novo mundo co nome de rioja. Vivimos nunha sociedade global e existen moitas adegas e grupos adegueiros españois que invisten en viñedos doutros países, aínda que adoitan pór nomes máis exóticos ás súas marcas. O noso misterioso amigo chileno pertence a Berceo, un grupo empresarial da familia Gurpegui. Posúen A Baronía, un viñedo no val de Colchagua (Chile), no que han replantado as cepas de madeira vella das variedades ‘carménère', ‘cabernet sauvignon', ‘cabernet franc', ‘syrah', ‘petit verdot' ou ‘malbec'. Seleccionando as mellores uvas, obtense o viño Barón de Gurpegui.

Cata
Cor vermella intenso con ribetes violetas, de media intensidade en nariz; aparecen os aromas primarios froiteiros, intimamente unidos con especiados e de vainilla propios dunha boa madeira. De padal carnoso sen ser excesivamente estruturado, con taninos agradables nada agresivos, meloso e persistente.

Comentarios