Beatriz Mato: ''Conseguín borrar da cabeza a palabra postre, pois levo anos ca paranoia de non engordar''

A conselleira de Traballo e Benestar Beatriz Mato Otero, ten impronta vasca na sua relación coa comida pero en sentido negativo pois no País Vasco, onde naceu, quedou de bacallo e coliflor até as orellas, de tanto que comeu na casa, pero moi cerca dela continúa a sua nai-cociñeira o que lle permite coñecer e disfrutar unha alimentación variada, xunto co seu pai, marido e fillos, pois esa é a "paranoia" de ambas mulleres.

                                        

Pregunta: Cal é a sua comida favorita y cal a que menos lle gusta?

Resposta: O que máis me gusta no plato e no que penso sempre que teño fame é o de ovos con patatas fritas. Non me gustan nada a coliflor e o bacallao aínda que mos dé ó Rei pois a miña nai preparábaos día sí e día non cando vivimos no País Vasco, e sempre variado, ou ó pil-pil, ou A vizcaína ou de calqueira outra forma e dende aquela, saenme o bacallo e a coliflor polas orellas.

P: Cal é a sua bebida preferida y cal a que menos pide?

R: Eu bebo moitísima auga e se estou en momento distendido gústame a cervexa. Non pido nunca refrescos de ningún tipo.

P: Ten un postre favorito? de quen?

R: O arroz con leite que fai a miña nai aínda que fai anos que non o como pois ela sigueo facendo pero comeno o meu marido e os meus fillos porque levo anos ca paranoia de con engordar e conseguir borrar a palabra e sensación de "postre" da cabeza.

P: Na cocina, ¿que prato se lle da mellor?

R: Na cociña son nula.....pero hai varias explicacións para esta circunstancia pois son filla única, así que os meus pais sempre están cerca de mín alí onde vou e a miña nai cociña de maravilla. Ademáis ela sempre me dixo que non me preocupase de aprender a cociñar pois pensaba que esto non era unha carreira e que se algún día o precisaba, ca miña intelixencia non tería problema en aprender...cousas de nais. Pero en realidade, para algunha cea en casa sí preparo un primeiro de entrantes con embutido e outros petiscos e un segundo de rosbif.

P
: ¿Comidas de dous pratos e postre ou mellor tapeo?

R: Na casa sempre somos de xantar-xantar pois teño bastante paranoia co tema da comida e fago aquelo de organizar para comer carne un día, peixe outro e sempre, todos os días, verduras. Esta paranoia herdeina da miña nai e xa lla estou pasando os meus fillos, sempre variado e de todo.

P
: ¿É vostede clásico ou máis ben innovador no tocante á comida?

R: Como comensal son máis ben clásica. Cando vou a un restaurante de comida elaborada e moderna podo apreciala, pero non tanto como outros e, de feito, se me levas a comer un chuletón en calqueira tasca, vouna disfrutar máis.

P: ¿Carne ou peixe?

R: Eu son máis de carne e prácticamente crúa...vamos volta e volta e casi con sangue e o que máis me gusta é o solombo. Entre os peixes o que me produce máis placer e o prato de sargo ou lubina á espalda que preparan no restaurante "Cabanel" de Fisterra, cerca da praia de Sardiñeiro.

P: Entre os alimentos favoritos ¿hai algún imprescindible, por ejemplo para momentos de tensión?

R
: Antes de irme a cama, cada día, tomo unha onza de chocolate e un vaso de leite....creo que é malísimo tomar esto pero o fago dende que podo lembrarme e aínda que chegue a casa ás cinco da madrugada.

P
: ¿Lembra algún prato recén descuberto e que resultase unha sorpresa agradable?

R
: Encontrei delicioso un prato de esturión que comín en San Petersburgo no mes de xullo. Era cocido e con puré de patatas e estaba boísimo.

P
: E unha experiencia sorprendente pero desagradable?

R: Quitando a coliflor e o bacallao a verdade é que lle digo que non a moi poucas cousas e agora non lembro ningunha.

P: Por que prato sinte curiosidade e non coñece?

R
: Pois a pesares de estar en San Petersburgo, non probei o caviar pois dixéronme que o esturión desova no inverno e non era a época. No mesmo lugar ofrecéronme un caviar de Irán pero era carísimo e alí quedou. Creo que o caviar me gustará cando o probe.

P
: ¿Quen ou que cousa están para comelos?

R
: Os meus nenos de 10 e 13 anos están para comelos, de feito xa comín máis de unha vez, creo que é algo que nos pasa a moitas nais. Tamén o actor George Cluny está para comelo dende os pés até a cabeza.

P: ¿Quen ou que cousa están para rillalos por unha perna?

R: Me repatean os mentirosos.

P: ¿Pensa que somos o que comemos?

R
: Sí, en cuanto a saúde sí, non en relación á alma. Por eso eu polas mañás tomo zumo de duas naranxas, un kiwi e outra froita de tempada que agora son os melocotóns, e logo pan con tomate, aceite e xamón, e un café con leite de soia, e cuido que as comidas sexan variadas Estou convencida de que todo o que somos en saúde e froito do que comemos como ocurre ca gasolina do motor: podes ter un bó motor que si o alimentan con gasolina de mala calidade non che vale para nada.

Comentarios