sábado. 24.07.2021 |
El tiempo
sábado. 24.07.2021
El tiempo

O bo tempo regresa a Galicia neste Día de San Xoán

Previsión para este xoves. METEOGALICIA
Previsión para este xoves. METEOGALICIA
As máximas experimentarán un lixeiro ascenso

O xoves Galicia queda na influencia das altas presións. Polo tanto, o ceo estará despexado en xeral con algunhas nubes baixas no terzo norte e néboas matinais en comarcas do interior.

As temperaturas mínimas non experimentarán cambios, mentres que as máximas terán un lixeiro ascenso.

O vento soprará do nordés, frouxo pola mañá, aumentando a moderado pola tarde, con intervalos fortes entre Estaca de Bares e Fisterra.

Temperaturas extremas previstas nas cidades:
A Coruña 12°/22°; Ferrol 12°/22°; Lugo 7°/21°; Ourense 11°/29°; Pontevedra 12°/27°; Santiago de Compostela 12°/24°; Vigo 14°/26°.
 

O bo tempo regresa a Galicia neste Día de San Xoán
comentarios