Brusco descenso de temperaturas nun domingo de transición

Espéranse choivas matinais no terzo norte 
Previsión para este domingo. METEOGALICIA
photo_camera Previsión para este domingo. METEOGALICIA

Galicia atoparase este domingo nunha zona intermedia entre altas e baixas presións, cun corredor de isóbaras que achegará aire frío procedente do norte, o que traerá algunhas choivas matinais e baixada de temperaturas.

Durante a mañá os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos no terzo norte que ocasionalmente poderán ser de neve en cotas ao redor dos 1.000 metros, mentres que pola tarde non se esperan choivas e iranse abrindo grandes claros. 

As temperaturas baixarán, cun descenso máis acusado nas máximas, que marcarán valores moi baixos para a época do ano. 

Os ventos soprarán de compoñente norte, fortes no litoral e zonas altas e moderados no resto.

Temperaturas extremas previstas nas cidades:
A Coruña 9º/13º, Ferrol 9º/13º, Lugo 4º/11º; Ourense 6º/15º; Pontevedra 7º/14º; Santiago 6º/11º; Vigo 8º/15º.

Comentarios