A calor afrouxa uns graos este sábado tras unha xornada sufocante

Mapas de previsión. METEOGALICIA
photo_camera Mapas de previsión. METEOGALICIA

Tras a tórrida xornada deste venres, as proxeccións de Meteogalicia anuncian para este sábado un descenso das temperaturas entre lixeiro e moderado na comunidade. Así, por exemplo, Lugo pasará dos 35 graos que alcanzou este venres a unha máxima duns 31. E Ourense cambiará os 38 por 35. A caída será especialmente acusada na Coruña e Ferrol, que quedarán en 23 graos.

É o resultado de que Galicia quede nunha zona de transición entre as altas e baixas presións, con ventos do noroeste. 

A rede de estacións de Meteogalicia puxo cifras ao sufoco do venres localizando en Pantón a máxima da comunidade: 38,5 graos, compartida con Leiro.