martes. 22.09.2020 |
El tiempo
martes. 22.09.2020
El tiempo

A calor non dá tregua en Galicia

Xente gozando do sol na praia. BEATRIZ CÍSCAR
Xente gozando do sol na praia. BEATRIZ CÍSCAR
Os ceos estarán despexados en xeral con máis nubes no litoral norte e algunhas brétemas no litoral

O venres Galicia estará nunha situación intermedia entre as altas presións situadas sobre Azores e unha baixa relativa sobre o sur peninsular.

Polo tanto, os ceos estarán despexados en xeral con máis nubes no litoral norte e algunhas brétemas no litoral. Pola tarde medrarán nubes de evolución que poderán deixar algún chuvasco de tipo tormentoso nas provincias de Lugo e Ourense.

As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente mentras que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará frouxo de compoñente norte, máis intenso entre o norte de Rías Baixas e Costa da Morte pola tarde.
 

O rexistro de mínimas e máximas agardados para as cidades son os seguintes:

A Coruña 20 º 24 º

Ferrol 19 º 25 º

Lugo 18 º 35 º

Ourense 19 º 38 º

Pontevedra 18 º 28 º

Santiago de Compostela 17 º 31 º

Vigo 16 º 26

A calor non dá tregua en Galicia
comentarios