Calor e poucas nubes nun mércores de tempo estival

METEOGALICIA
photo_camera METEOGALICIA

Galicia afrontan un mércores de ceos pouco nubrados ou despexados, aínda que pode haber néboas costeiras no litoral. As previsións de Meteogalicia apuntan a que xa pola tarde crecerán as nubes de evolución en puntos illados do interior, que poden chegar a descargar chuvascos tormentosos. 

En canto ás temperaturas, nunha xornada na que as altas presións se irán retirando lentamente, haberá un descenso no litoral e continuarán en ascenso no interior. Así as cousas, Ourense alcanzará os 33, mentres que A Coruña quedará nos 18. As mínimas moveranse entre os 10 e os 14 graos.