Calvo aspira a ser un 'grupo global de alimentación'

Anuncio de un producto de Calvo (Foto: Calvo)
photo_camera Anuncio de un producto de Calvo (Foto: Calvo)

O grupo conserveiro Calvo, con sede na localidade coruñesa de Carballo, resolveu oficialmente a crise empresarial. A súa cúpula directiva compareceu ante a prensa para falar de 2007, "un dos mellores exercicios dos últimos anos". A compañía, cun crecemento do beneficio de explotación dun 560% durante o ano pasado, anunciou que a partir de agora pretende ser "un gran grupo global de alimentación".

En 2008, tal e como van ata agora as contas, Calvo rexistrou beneficio neto. A firma descarta, en principio, dar entrada no seu capital a novos accionistas ou a adquisición doutras firmas do sector.

O seu novo director xeral, Francisco Javier Lazcoz, anunciou que Calvo "quere estar presente noutros sectores e mercados", e non só no de consérvaa. "Imos seguir progresando e aproveitaremos o activo da nosa marca", apuntou o executivo aos medios de comunicación.

Nova estratexia

A nova estretagia de Calvo, empresa que tocou fondo en 2006 co anuncio a posta en venda, terá "un enfoque marquista sen descoidar a capacidade de produción". A empresa conserveira tamén apostará por avanzar na expansión. Hoxe está en 40 países. "Queremos aproveitar a oportunidade de vender os nosos produtos en máis lugares", asegurou Manuel Calvo García-Benavides, conselleiro delegado, que tomou as rendas da compañía a mediados de 2006.

O grupo Calvo é unha empresa familiar conserveira fundada en 1942 e líder en vendas en España.

Comentarios