Castañas e cogomelos de Interese Turístico

Folleto de la edición de 2007 (Foto: Concello de Riós)
photo_camera Folleto de la edición de 2007 (Foto: Concello de Riós)

A Festa da Castaña e do Cogomelo de Riós (Ourense) foi declarada polo Goberno Galego “de Interese Turístico”. O Consello da Xunta aprobou este recoñecemento para unha celebración que ten lugar en novembro e que en 2007 alcanzou a súa décimo terceira edición. 

O Executivo Autonómico destaca deste festexo características como a antigüidade, “xa que a súa celebración remóntase aos típicos magostos ourensáns de mediados dos oitenta; e tamén a singularidade, que a fai definitoria como unha festa gastronómica que dá a coñecer un dos produtos típicos de Galicia”. 

Engade a Xunta, como factor favorable para a declaración, que Riós “conta co Centro de Interpretación da Castaña, no que levan a cabo exposicións relacionadas con estes produtos”.

O programa da Festa da Castaña e do Cogomelo inclúe nas últimas edicións, ademais dunha exposición e degustación, unha comida popular, magosto e actividades culturais.

Comentarios