Ceo cuberto con choivas ao norte da Coruña e Lugo

Persiste a alerta laranxa por mar de fondo con ondas de entre cinco e sete metros
Mapa con la previsión de Meteogalicia
photo_camera Mapa coa previsión de Meteogalicia

Este martes espérase a chegada dunha fronte polo noroeste da comunidade que deixará ceos parcialmente cubertos, con precipitacións ao norte das provincias da Coruña e de Lugo. Segundo a información publicada por Meteogalicia, persiste a alerta laranxa por mar de fondo con ondas de entre cinco e sete metros en todo o litoral galego.

O organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, prognostica que as temperaturas experimentarán un lixeiro descenso, especialmente as mínimas. Deste xeito, nas grandes urbes galegas as máximas subirán ata os 15 graos en Ourense, os 14 en Vigo e os 13 en Pontevedra, mentres que en Lugo non pasarán de 12.

No polo oposto, a capital lucense rexistrará os valores máis baixos, sete graos no momento máis frío da xornada, fronte aos nove que se alcanzarán de mínima noutras cidades, como a Boa Vila.

O mércores as nubes volverán copar o ceo con posibilidade de choivas débiles.

Comentarios