Temperaturas máximas en descenso este mércores en Galicia

As mínimas non terán cambios significativos
Mapa coa previsión de Meteogalicia. EP
photo_camera Mapa coa previsión de Meteogalicia. EP

Galicia atópase nunha situación meteorolóxica moi indefinida, entre as altas presións das Azores e as baixas que se moven polo Atlántico norte. Isto deixará este mércores unha xornada de ceo con nubes de tipo alto en xeral e nubes baixas máis compactas na provincia da Coruña e norte da provincia de Pontevedra. 

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo do suroeste. Pola súa banda, as temperaturas mínimas non terán cambios significativos e as máximas experimentarán un lixeiro descenso

Deste xeito, nas cidades galegas as máximas subirán até os 21 graos en Ourense e os 16 graos en Lugo e Pontevedra, mentres os valores mínimos descenderán até o tres graos na capital lucense, até os catro na cidade das Burgas e os cinco en Vigo. No resto das grandes urbes —na Boa Vila, Ferrol, A Coruña e Compostela— os termómetros non baixarán dos sete graos.

Comentarios