sábado. 04.07.2020 |
El tiempo
sábado. 04.07.2020
El tiempo

Ceos anubrados este xoves en Galicia

As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente, mentres que as máximas experimentarán un moderado ascenso

Situación pouco definida en superficie, con influencia anticiclónica feble. Deste xeito, agárdanse ceos máis anubrados pola mañá, con néboas en zonas de interior; xa pola tarde irán abríndose claros.

Nas zonas altas do interior medrarán nubes de evolución que mesmo darán lugar a chuvascos treboentos. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente, mentres que as máximas experimentarán un moderado ascenso.

Os ventos soprarán de compoñente norte, frouxos en xeral, moderados no litoral atlántico.

Meteogalicia

Ceos anubrados este xoves en Galicia
comentarios