domingo. 19.09.2021 |
El tiempo
domingo. 19.09.2021
El tiempo

Ceos despexados e temperaturas en ascenso o luns en Galicia

A previsión para este domingo. METEOGALICIA
A previsión para este domingo. METEOGALICIA
O vento soprará frouxo, de compoñente leste e máis intenso e do nordeste no litoral norte

Galicia continuará o luns baixo dominio de altas presións centradas ao noroeste de Francia, de maneira que se esperan ceos despexados, con intervalos de nubes baixas ao principio e ao final da xornada no terzo norte e algunhas nubes altas, que non impedirán o paso do sol. 

En canto ás temperaturas, ascenderán entre lixeira e moderadamente. 

O vento soprará frouxo, de compoñente leste e máis intenso e do nordeste no litoral norte. 

Temperaturas extremas previstas nas cidades: A Coruña 6º/17º, Ferrol 5º/17º, Lugo 0º/16º; Ourense 2º/21º; Pontevedra 4º/18º; Santiago 4º/18º; Vigo 5º/19º. 

 

Ceos despexados e temperaturas en ascenso o luns en Galicia
comentarios