Os ceos estarán despexados este venres en Galicia

As temperaturas mínimas continuarán ascendendo, mentres que as máximas non cambiarán

As altas presións atoparanse durante esta xornada ao norte dos Azores e dende esa posición continuarán achegando estabilidade e aire cálido procedente do sur. Deste xeito o ceo estará en xeral pouco nubrado ou despexado, aínda que nos litorais de Lugo e A Coruña teremos algunhas nubes baixas e néboas costeiras que pola tarde poderían afectar tamén a puntos das Rías Baixas.

As temperaturas mínimas continuarán ascendendo, mentres que as máximas non cambiarán polo que a sensación seguirá sendo de calor pola tarde. Os ventos estarán en calma durante a mañá, tomando compoñente norte pola tarde.

clima

Comentarios