Ceos nubrados e temperaturas en descenso para esquecer a vaga de calor

As mínimas roldarán os 15 ou 16 graos nas principais cidades de Galicia â??En Lugo e Pontevedra non está previsto que se pase dos 23

Los cielos amanacerán nublados y se despejarán con el paso de las horas. ALBA SOTELO
photo_camera Os ceos nubrados predominarán este martes. ALBA SOTELO

A vaga de calor que marcou o inicio do mes de agosto despídese de Galicia para dar paso a un sistema frontal que deixará este martes os ceos parcialmente nubrados e que ocasionará choivas débiles na metade norte da comunidade.  Así, segundo a predición de Meteogalicia, os ceos no resto da xeografía galega estarán parcialmente nubrados, aínda que se espera a apertura de grandes claros en medida en que avance a xornada. 

As temperaturas continuarán coa tendencia deste luns e seguirán baixando. Deste xeito, as mínimas roldarán os 15 ou 16 graos nas principais cidades de Galicia, mentres que a máxima espérase en Ourense, onde poderían alcanzarse os 30 graos este martes. En Lugo e Pontevedra, en cambio, non está previsto que se pase dos 23.

En canto aos ventos, soprará frouxo do noroeste con intervalos de moderado no litoral. 

Tempo

Comentarios