Os ceos seguirán despexados este domingo en Galicia

As temperaturas non terán cambios significativos

As altas presións continuarán ao norte da península Ibérica durante esta xornada, achegando estabilidade e aire cálido desde o sur.

Polo tanto agardamos unha nova xornada de ceo pouco anubrado ou despexado en xeral, con néboas nos vales do interior durante a mañá.

As temperaturas non terán cambios significativos, polo que continuaremos con xeadas no interior e forte oscilación térmica en xeral. Os ventos soprarán moi frouxos de dirección variable.

Meteogalicia

Comentarios