Chegan a choiva e o frío

Captura

Galicia quedará o venres nunha zona de transición entre o anticiclón que se retira cara ao Atlántico norte e as baixas presións situado no Mar do Norte, que enviarán unha fronte fría ao final do día. 

Con esta situación, a comunidade amencerá cos ceos con nubes altas e, co avance da xornada, chegarán as nubes baixas, que deixarán choivas pola noite na metade norte da Comunidade. 

Segundo a información de Meteogalicia, o vento soprará de compoñente norte, en progresivo aumento ata quedar, ao final do día, moderado no interior e forte no litoral. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas baixarán, especialmente na metade norte. 

Así, por cidades, as temperaturas mínimas oscilarán entre os 8 graos de Ferrol e os 12 de Vigo, mentres que as máximas estarán entre os 24 graos de Vigo e os 17 de Lugo. 

Comentarios