Choiva de norte a sur

Este martes unha fronte fría asociado a unha profunda borrasca situada entre Islandia e Escocia afectará a Galicia. Xa que logo, o día empezará con alternancia de nubes e claros en xeral, con progresivo aumento das nubes ao longo da xornada e con precipitacións de norte a sur. A cota de neve situarase nos mil metros pola noite. 

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará de compoñente sur forte no Golfo Ártabro, virando a noroeste na segunda metade do día. 

Pola súa banda, as temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso e as máximas descenderán lixeiramente. Deste xeito, nas cidades galegas as máximas subirán ata os 19 graos en Ourense, mentres que os valores mínimos descenderán ata os tres graos en Lugo. 

Comentarios