jueves. 22.10.2020 |
El tiempo
jueves. 22.10.2020
El tiempo

Choiva e descenso de temperaturas para comezar a semana

As temperaturas máximas son as que máis acusarán o cambio este luns

O luns un centro de baixas presións situado ao noroeste de Galicia deixará unha xornada de inestabilidade atmosférica, de forma que os ceos estarán parcialmente nubrados con precipitacións que comezarán pola franxa atlántica.

As choivas serán localmente tormentosas no interior pola tarde e irán acompañadas de tormentas na metade oriental durante a segunda metade do día, podendo ser localmente fortes en Lugo e a montaña de Ourense –ambas as provincias estarán este luns en alerta amarela (risco) por choivas e tormentas, segundo a Axencia Estatal de Meterología (Aemet)–.

As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente, mentres as máximas sufrirán un notable descenso salvo o extremo oriental.

O vento soprará frouxo de compoñente sur, máis intenso no litoral occidental, e no interior tamén durante as horas centrais do día; non se descartan algúns refachos moi fortes na Montaña de Ourense.

Temperaturas mínimas e máximas previstas nas cidades
A Coruña 20º 25º
Ferrol 19º  26º
Lugo 16º  27º
Ourense 17º  29º
Pontevedra 16º  25º
Santiago 16º  25º
Vigo 19º  27º.

Choiva e descenso de temperaturas para comezar a semana
comentarios